Primeira parada: Copenhaguen

UNHA VIAXE POR TRES CIDADES CON BICICLETAS

Non é o Caribe pero Amagerstrand ten moito para ver

Amagerstrand en nada se parece ás bucólicas praias de area branca e augas cristalinas doutras latitudes, pero ben vale a pena unha visita  a este futurista areal, aínda que sexa nunha tarde de outubro, e faga un pelín de frío.

Efectivamente, non estamos no Caribe, pero que praia do mundo permite dun vistazo contemplar tantas obras de enxenhería xuntas?

A propia Amagerstrand é unha delas. Ata o 2005 o que hoxe en día é a praia non existía. O concello de Copenhague levaba anos dándolle voltas á idea de ter un parque litoral e decidía construír este illote de dous quilómentros de longo frente a unha pequena praia na costa leste de Amager (sur da cidade) quedando entre ambos unha lagoa.  Esta praia de desenho conta con todo tipo de atraccións:  dunas, áreas recreativas, un carril bici e uns desconcertantes búnkers de formigón nos que se entre outras cousas, se agochan os banhos públicos.

Amagerstrand ten unha intensa vida, abarrotada no verán e algo menos transitada durante o resto das estacións, pero nunca baleira.

carguero eólicos

O primeiro que sorprende, pero tamén decepciona se o que esperábamos era natureza, son as súas vistas. O seu horizonte está rasgado polos vinte descomunais aeroxeradores do parque eólico marítimo de Middelgrunden, o máis grande do mundo no momento da súa construción. As súas enormes turbinas xeran o 4% da enerxía consumida en Copenhague. O ollo confúndese, é difícil imaxinar o tamanho que poden ter estas moles, afundidas ata oito metros baixo o mar.

Uns quilómetros máis ao sur, nese mesmo horizonte, vemos a Øresundsbron, a ponte combinada de tren-estrada máis grande de Europa. Construída en 1999, une as cidades de Malmö e Copenhague así como por primeira vez na historia, a Escandinavia co centro de Europa.

Pero o espectacular da ponte non é nin o seu tamanho, nin o tráfico que soporta, nin sequera os perto de 80 euros que custa cruzala (prezo de ida e volta). O que a fai particular é vela desaparecer na metade do seu traxecto baixo as escuras augas do estreito de Oresund, para non voltar á superficie, e así acollerse á normativa de seguridade aérea do aeroporto de Copenhague. Deste xeito evítase tamén pechar o paso ás decenas de barcos que cada día cruzan estas augas e evitar que os illotes de iceberg que chegan ata aquí non se acumulen nos seus piares. Outro dato megalómano, o túnel está construído con 20 segmentos, cada un de 176m x 38,8m x 8,6m e de 55.000 toneladas de peso, o que o convirte no maior paso subterráneo de elementos prefabricados do mundo.

ponte avión vela

No extremo sueco da ponte, podemos ver como o skyline de Malmö se parte en dous atravesado polo branquísimo Turning Torso, o edificio residencial máis alto do país, o segundo de Europa, desenhado polo arquitecto Santiago Calatrava.  En 2006, Felix Baumgartner, o mesmo que se converteu no primeiro ser humano en rachar a barreira do son en caída libre, lanzouse cun paracaídas sobre a cima do ranhaceos, e de aí deu un novo salto de 190 metros ata o chan (déixovos o vídeo ao final).

Por último, para xs máis morrinhentxs Amagerstrand ten un aquel a Marín. Ollando cara o mar, á nosa dereita non poderemos ignorar as altísimas chemineas da Vattenfall, empresa sueca (propiedade do goberno) de enerxía eléctrica, sempre co seu ronsel de fume marcando a dirección do vento. Segundo Greenpeace, Vatternfall é dona das catro plantas eléctricas máis sucias e contaminantes de Europa e producen o dobre de CO2 que unha planta convencional.  Por non deixavos tan mal sabor de boca, direivos que é esta mesma empresa a quen lle debemos agradecer a existencia do cinturón de seguridade. Alá polos anos 20, e tras ver que moitos dos seus traballadores perdían a vida en accidentes de coches, dous enxenheiros Bengt Odelgard e Per-Olof Weman, deron en inventar o sistema de suxección que todos os coches tenhen hoxe en día.

Amagerstrand é o exemplo perfecto da capacidade do ser humano para modificar a paisaxe ata o extremo, para adaptar o medio ás súas necesidades, para crear novas realidades.

A súa parte máis humana é a que cobra vida coas moreas de dinamarqueses que cada día se achegan ata a praia para pasear, practicar deporte, darse un baño sen importar o frío que faga ou simplemente sentarse na area e contemplar as súas particulares vistas. Veremos moitxs cativxs xogando entre as dunas, patinando, paseando coas bicicletas e ás súas familias, sempre ataviadas para a ocasión con roupas deportivas gozando dun entorno peculiar, pero que engancha. Veremos incluso turista despistadxs que chega á praia sen sospeitar o que atoparán e marchan francamente sorprendidxs, cautivadx polo colosal desta praia, propia dunha novela futurista.

Vistas do areal

Vistas do areal de Amagerstrand

barcaza

Barcaza ancorada na praia

balneario 1

Unha familia dándose un banho no mar ao saír da sauna. A temperatura exterior cando se tomou a foto era de dez graos.

búnkers

Os inquietantes búnkers de formigón

paxaros

Moi perto está a illa de Saltholm, reserva ornitolóxica, así que é fácil atopar estas aves tamén na praia.

keops

Outra obra de enxenhería máis, as pirámides de Keops! Ou se cadra unha mina…

Este senhor vestido, con auriculares e unha vasoira, non sei que facía na auga, pero pasábao ben.

piragüismo

Piragüismo en Amagestrand

dunas

Dunas

Areal

Xente paseando polo litoral

vistas novas construcións

Dende a construción da praia a zona revalorizouse e por suposto a especulación chegou rapidamente. Tres guindastres levantan complexos residenciais moi por riba da altura habitual do resto dos edificios da zona.

Felix Baumgartner saltando en paracaídas sobre o Turning Torso:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 15, 2013 por .

Navegación

%d bloggers like this: