Primeira parada: Copenhaguen

UNHA VIAXE POR TRES CIDADES CON BICICLETAS

Cicloxénese explosiva no norte de Europa

Esta tarde tinha pensado falar sobre os cemiterios de Copenhaguen, os parques máis bonitos que atoparedes nesta cidade, aínda que vos poida dar un pouco de repelús, así de primeiras. Ir ata un deles, sacar unhas fotos e descubrir algún recuncho chulo, pero tiven un pequeno imprevisto.

Isto de non manexar o danés con soltura (ou non manexalo en absoluto) determinou que non tivese idea de que hoxe iamos estar en alerta laranxa por ventos.

“Vaste asustar por un ventinho coma este?” comentaba outra galega afincada na cidade. Claro que non, que nós somos nortenhas. Pero parece ser que as brisinhas deste mediodía son agora uns verdadeiros ventos afuracanados!

 

Estación de tren de Lyngby. Foto Sara Stæhr Mortensen (Politiken.dk)

Estación de tren de Lyngby. Foto Sara Stæhr Mortensen (Politiken.dk)

 

Segundo The Copenhage Post acabamos de marcar un record histórico: as rachas de vento máis fortes xamáis rexistradas na cidade, uns 200km/h. A violencia do vento saldouse alomenos unha vida, un home de Gilleleje, ao norte da Zealand, igual que no Países Baixos e Reino Unido, onde hai varios falecidos por culpa do temporal. As autoridades recomendan non saír das casas porque os tellados de media cidade están en pleno voo acrobático.

Os trens permanecerán fora de servizo ata manhá martes, e durante o día tamén se interrumpiu o tráfico aéreo. A pesar de todo isto, de que trema o chan do cuarto e a barandilla do balcón de casa parece que vai saír voando en calquera momento, de vez en cando ves a alguén paseando pola rúa, totalmente alleo ou allea ao temporal.

O ceo está completamente negro. Hoxe Copenhague luce máis vikinga que nunca, síntome a bordo dun barco surcando os mares do norte, mentres que o vento zoa e zoa e os cristais parece que van estalar dun momento para outro.

Déixovos un video un tanto apocalíptico, para que despois digan que a esaxerada son eu! 

http://instagram.com/p/gBONeMmSfc/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 28, 2013 por .
%d bloggers like this: