Primeira parada: Copenhaguen

UNHA VIAXE POR TRES CIDADES CON BICICLETAS

En Dinamarca tamén se celebraba o Samaín

Halloween chegou hai relativamente pouco aos países escandivos pero cada ano está máis presente. Nas vísperas desta data centenares de cabazas decoran as casas, tendas e rúas de Copenhaguen. Ao igual que o noso Samaín, Halloween celébrase o día antes de defuntos, que en Dinamarca é o primeiro domingo de novembro.

Porén, esta festa pagana non é tan allea ao país vikingo como pode parecer. Dende o 660 e ata o 1770 en Dinamarca celebrouse o Allehelgensaften, é dicir, literalmente, a noite de tódolos santos, que describen coma unha festa similar ao Samhain irlandés ou ao galego. Pero a Igrexa protestante decidiu ponher fin á noite das meigas e o Allehelgensaften desapareceu do calendario até a actualidade, cando se retomou na súa versión moderna e importada dos U.S.A.

cabaza tívoli 2

Así que vos proponho dous plans, un máis moderno e outro máis tradicional:

O parque de atraccións Tívoli, o segundo máis antigo de Europa e emblema da cidade, permanece pechado a partir de novembro pero abre as súas portas especialmente para celebrar Halloween. Tívoli non escatima en gastos, e ademais da detalladísima decoración do recinto, organízanse todo tipo de actividades, como cadavéricos musicais ao aire libre, que fan as delicias de toda a familia. Iso si, un consello, se queredes amortizar os 12 euros que custa a entrada simple (sen dereito a subir a ningunha atracción) visitade o parque cedo, antes de que anoiteza, porque a partir das oito queda practicamente deserto.

Outra alternativa moi acorde coas datas é aproveitar estes días para visitar algún dos cemiterios da cidade. A capital ten bastantes zonas verdes, parques e incluso reservas naturais como as de Amager, pero se buscades algo diferente ide dar un paseo polos camposantos. En especial merece ser visitado o Assistens Kirkegård de Nørrebro, un cemiterio inaugurado en 1760 para dar cabida ao exceso de soterramentos na cidade.

assistans cementerio

Plano de Nørrebro anterior a 1770. Marcado en vermello vemos o terreo no que hoxe en día se atopa o cemiterio. A rúa central é a actual Nørrebrogade.

Os antigos cemiterios estaban abarrotados tras unha a epidemia que en 1711 deixou máis de 23.000 mortos e un terrible fedor na cidade. Foi necesario ampliar os terreos rapidamente para depositar os cadaleitos e a zona elixida foi o que daquelas era un desolador pantano fora das murallas.

O Assistens Kirkegård de Nørrebro está dividido en varias seccións. A que máis chama a atención é a zona D, dedicada ás relixións minoritarias, onde poderemos atopar lápidas católicas, reformistas ou un pequeno cemiterio ruso que non pasará desapercibido. Mais todo o cemiterio é unha curiosa estampa, tanto dende fora, rodeado por unha parede amarela, coma dende dentro. En realidade, aínda que aproveite Halloween para falar del, non ten nada de aterrador e si un pouco de kitsch, e é o lugar perfecto para as citas amorosas, os paseos familiares, ir de picnic, ou tomar o sol, toalla en man.

As tumbas están decoradas ata o inimaxinable, veremos lápidas de todos os tamaños, formas e materias. E atoparemos dende quen convirte a pequena parcela nunha horta, quen planta un ciprés, quen prefire colocar un banco de pedra no que poder sentarse a falar cos do máis alá, ou enchela de figurinhas de gnomos, paxaros, corazóns, peixes, gatos, e como non, estes días, tamén de cabazas!

This slideshow requires JavaScript.

Dato curioso para os fans de Nieves Concostrina e o seu mítico programa Polvo eres en Radio 5, Hans Christian Andersen, o autor da Sereinha, está enterado aquí. Non busquedes un mausoleo, nin se quera unha lápida particularmente bonita, con toda discreción, Hans Christian Andersen descansa pertinho da capela do cemiterio, se cadra esperando á noite de Halloween para saír dar un paseo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Outubro 29, 2013 por .
%d bloggers like this: