Primeira parada: Copenhaguen

UNHA VIAXE POR TRES CIDADES CON BICICLETAS

Cervexas e esvásticas

A esvástica é un símbolo presente en case todas as culturas do mundo, e con variedade de significados, como paz, felicidade, éxito, etc. Pero tras o ascenso nazi ao poder, a esvástica converteuse nun símbolo proscrito en Occidente, asociada sen remedio ao fascismo e ao asasinato de millóns de persoas.

Porén, aínda quedan esvásticas en Europa, que nada tenhen que ver coa insignia de Hitler. Un exemplo moi chamativo atoparémolo na cidade de Copenhaguen.

Remontámonos á fundación da conhecida cervexería Carlsberg, no ano 1847, polo dinamarqués J.C. Jacobsen. Segundo a súa biografía Jacobsen era o que se soe chamar un filántropo, un home interesado nas ciencias, que tamén adoraba a arte e que percorreu medio mundo conhecendo outras culturas.

En homenaxe a esas outras culturas os primeiros logos da cervexa danesa que el creou foron un elefante e unha esvástica. Así, durante varias décadas a esvástica asociouse á Carlsberg. Finalmente, en 1930 retírase o logo de todos os productos para evitar que se vincule co partido de Hitler da vecinha Alemanha.

Mais non todas desapareceron, a cidade aínda lle garda tributo a este multicultural símbolo que chegou de terras lonxanas da man de Jacobsen. Por exemplo dous enormes elefantes tallados en pedra con sendas esvásticas no seu lombo seguen dando a benvida ás instalacións da cervexería Carlsberg en Copenhaguen.

elefante esvástica

Tamén no edificio da Ny Carlsberg Glyptotek (Glypto-, da raíz grega glyphein, tallar e theke, un lugar de almacenamento) construído específicamente para albergar a colección de estatuas que a familia Jacobsen doou á cidade podemos atopalas, tanto nos mosaicos que percorren os seus corredores, como nos teitos.

teito Glytpotek

E seguramente en moitos bares e en moitas casas dinamarquesas aínda gardan unha destas vellas botellas.

Advertisements

Un comentario en “Cervexas e esvásticas

  1. prendasdelicadas
    Xuño 5, 2014

    Toca retomar esto, señoriña 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Decembro 10, 2013 por .

Navegación

%d bloggers like this: